Convocan protestas contra a sentenza do Procés en 10 localidades galegas
A Plataforma Galiza con Catalunya, formada por colectivos galegos a favor da soberanía catalá, convoca concentracións de protesta este luns en 10 cidades e vilas de Galicia en contra da sentenza do Supremo que condena aos presos independentistas.
A Plataforma Galiza con Catalunya, formada por colectivos galegos a favor da soberanía catalá, convoca concentracións de protesta este luns en 10 cidades e vilas de Galicia en contra da sentenza do Supremo que condena aos presos independentistas.
Pancarta de Galiza con Catalunya nunha manifestación en Madrid
En concreto, en Vigo (Farol de Urzaiz), A Coruña (Subdelegación do Goberno), Ferrol (Praza Amada García), Ourense (Subdelegación do Goberno), Compostela (Praza do Toural), Pontevedra (Praza da Peregrina), Lugo (Praza Maior), Burela (Praza Mariña), Redondela (Praza do Concello) e Monforte (Praza de España). Todas as concentracións serán ás 20 horas.
Galiza Nova, colectivo xuvenil vinculado ao BNG, é unha das organizacións que xa promoveu hoxe as concentracións para defender "unha loita pacífica e xusta" fronte ao "recorte de liberdades" que aplica o Estado.
O sindicato CIG, o BNG, Causa Galiza, Movemento Galego ao Socialismo, Mar de Lumes, Isca! ou Ceivar son outros colectivos nacionalistas que no pasado apoiaron esta Plataforma.
Hoxe ou TS español ven de consumar a inxustiza. Ou Estado español condena e vos pobos saímos á rúa. Hoxe, ás 20h, nas seguintes 10 cidades e vilas galegas, mobilízate. #DemocraciaELiberdade #AutodeterminaciónNonÉDelito pic.twitter.com/QqCV28FtSp
— Mar de Lumes (@mardelumes) October 14, 2019
Escribe o teu comentario