Hoxe empeza a campaña contra a gripe para o público en xeral

O Servizo Galego de Saúde (Sergas) inicia este luns, 14 de outubro, a campaña de vacinación antigripal da tempada actual con 615.000 dose.

|

Sanidade lembra que é unha enfermidade que pode ser grave, incluso faltal, pero chama a acudir escalonadamente aos 900 puntos de vacinación


O Servizo Galego de Saúde (Sergas) inicia este luns, 14 de outubro, a campaña de vacinación antigripal da tempada actual con 615.000 dose.


Vacúa da gripe




A campaña de vacinación da gripe 2019 prolongarase ata o 27 de decembro. Unha semana antes, o pasado día 7, xa puideron empezar a recibir a dose o persoal sanitario.

En total, Sanidade adquiriu 615.000 dose de vacinas antigripais, 7.000 máis que en 2018 e destinou un orzamento duns 3,4 millóns, o que supón 1,2 máis que o ano pasado.


ENFERMIDADE PERIGOSA

A Consellería de Sanidade espera aumentar a cobertura coa campaña antigripal xa que, lembra, "a gripe afecta cada ano a un número elevado de persoas" e trátase dunha enfermidade que "pode chegar a ser moi ou grave ou fatal".

Por iso, Sanidade promove, como desde 1991, unha nova campaña de vacinación na que se ofertan 615.000 dose para "minimizar" o efecto do virus na saúde dos galegos, en especial dos grupos de risco.

En concreto, a Consellería aspira a alcanzar unha cobertura na poboación de 60 a 64 anos igual ou superior ao 35%; nos maiores de 65 anos igual ou maior do 65% e do 50% ou máis nos traballadores sanitarios do Sergas e igual ou superior ao 55% (15 puntos máis que na pasada campaña) nas mulleres embarazadas.

Entre as novidades, Galicia será a primeira autonomía en administrar nesta campaña unha vacina tetracelular a persoas de 15 a 64 anos con factores de risco.

Do total de doses adquiridas, 20.000 corresponden á tetravalente de cultivo en ovo, 165.000 á tetravalente de cultivo celular e 430.000 de trivalente adyuvada, o que supón 180.000 máis que o ano pasado.

POBOACIÓN DIANA
Outra das novidades radica na ampliación da poboación diana coa inclusión como grupo de risco aos nenos de entre seis meses de idade que naceron prematuros, con menos de 32 semanas de xestación, e a incorporación explícita das persoas con trastornos de coagulación.

En especial, Sanidade fixo fincapé na importancia de que se vacine o persoal do Sergas, así como os traballadores sanitarios de hospitais privados de Galicia, que se inclúen na poboación diana deste ano.

A vacinación ofértase de forma gratuíta ás persoas de 60 anos ou máis, residente en institucións pechadas de calquera idade, mulleres embarazadas, nenos e adolescentes con tratamentos prolongados con ácido acetilsalicílico (AAS), nenos de seis meses a dous anos de idade que naceron prematuros e aquelas persoas entre seis meses e 59 anos con factores de risco que os predispongan a padecer complicacións derivadas da gripe.

LOXÍSTICA
Sanidade dispuxo máis de 900 puntos de vacinación e chama a acudir de forma graduada durante a campaña, que se prolongará ata o 27 de decembro.

Ademais, explicou que a partir da cuarta semana de campaña, desenvolverase o programa de promoción da vacinación antigripal mediante chamada activa ou SMS.

Deste xeito, profesionais de enfermería chamarán á poboación entre 65 e 74 anos que non teña posta a vacina a esa altura da campaña ou tamén se avisará por SMS ás persoas maiores de 65 anos que o Sergas teña o seu teléfono rexistrado.

Así mesmo, estableceranse axendas de citación especial para vacinación e realizarase a vacinación aos enfermos crónicos nas visitas a domicilio.

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE