O 061 afirma que todas as súas ambulancias cumpren a normativa

A política nacionalista asegura que se segue incumprindo as normas a pesar de que recoñece que aumentou a "dotación" dalgúns servizos ao fío dos novos concursos. A Fundación 061 acaba de adxudicar varios dos lotes nos que se divide o transporte sanitario urxente en Galicia.


|

A Fundación Pública Urxencias Sanitarias de Galicia - 061 rexeita as acusacións lanzadas onte polo BNG en sede parlamentaria sobre as supostas deficiencias das ambulancias. Fontes oficiais da Adminitración apuntan a Galiciapress que todas as ambulancias de transporte sanitario urxente cumpren a normativa vixente. En concreto o decreto 52/2015, do 5 de marzo, polo que se regula o transporte sanitario.


Ambulancia do 061



A Xunta evita entrar no detalle de as acusacións vertidas pola deputada Montse Prado, quen dixo, por exemplo, que hai ambulancias que acoden a atender emerxencias con só un técnico. A política nacionalista asegura que se segue incumprindo as normas a pesar de que recoñece que aumentou a "dotación" dalgúns servizos ao fío dos novos concursos. 


A Fundación 061 acaba de adxudicar varios dos lotes nos que se divide o transporte sanitario urxente en Galicia.

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE