Ambulancias con só un condutor atenden emerxencias a pesar dos novos contratos, denuncia o BNG

A Xunta acaba de renovar parte de adxudicacións do transporte sanitario urxente en Galicia. Con todo, os novos contratos, en teoría con máis diñeiro, non serviron para paliar as deficiencias do servizo público privatizado, segundo denunciou onte o BNG no Parlamento.


|

A Xunta acaba de renovar parte de adxudicacións do transporte sanitario urxente en Galicia. Con todo, os novos contratos, en teoría con máis diñeiro, non serviron para paliar as deficiencias do servizo público privatizado, segundo denunciou onte o BNG no Parlamento.


A parlamentaria Montse Prado alertou que hai "ambulancias sen dotación suficiente" que "son enviadas a atender emerxencias". A nacionalista dixo que en áreas como Vigo, Coruña e Ferrol déronse casos de "tres enfermos trasladados á vez nas Uvis Móbiles". A parlamentaria engadiu que é común que as ambulancias de apoio acaben realizando servizos para os que non están preparadas. Unhas queixas que provocaron xa 50 denuncias do sidicato CIG Saúde ante as diversas administracións.


NOVO CONTRATO EN TEORÍA CON MÁIS DIÑEIRO

As queixas danse xusto cando a Xunta acaba de formalizar a adxudicación de 19 dos lotes nos que divide o transporte sanitario urxente. O importe inicial de licitación do concurso foi de máis de 184 millóns de euros. 


O propia Prado recoñeceu que se huno "incremento dalgunhas dotacións". Tras unha durísima folga e a ameaza de peche patronal, os traballadores arracaron á Xunta esta primavera máis diñeiro para contrátalas do servizo privatizado.


AMBULANCIA QUEIMADA

Unha das ambulancias queimadas durante a pasada folga desta primavera


Un maior investimento que se debería empezar a notar na mellora do servizo público privatizado, ao concretarse formalmente os novos contratos. Con todo, o BNG insiste en que hai "escaseza de ambulancias", que a Xunta palía con contratas a "empresas coñecidas por cometer numerosas irregularidades", que "incumpren a lei en materia laboral, prestación do servizo e persoal sen a titulación requirida". 


DESAPARECE AMBUIBÉRICA, POLO MENOS DA PRIMEIRA LIÑA

As adxudicatarias de os novos contratos por catro anos son Servizos Auxiliares Sanitarios De Urxencia, Ambulancias Pontevedra, Ute Casabranca e Outros,  Ambulancias Sil e Outros Ute , Ambulancias Do Atlántico, Colectivo Estremeño De Ambulancias Ambulancias Maria Pita Do Carme 061, Servizos Sanitarios Do Cantabrico Ortigueira, Ute Servizos Sanitarios De Monforte e Outros,   Ambulancias Burela e Outros e Ambulancias as Burgas Área De Ourense Ute.


Desa lista, destaca a aparente ausencia de Ambuibérica, o gran grupo castelán vinculado a un ex-cargo do PP cuxo desembarco no pasado gran contrato do sector contribuíu á caída de prezos que, á súa vez, alimentou anos de conflito laboral. O grupo non presentou ofertas a ningún dos lotes esta vez, polo menos ofertas ao seu nome. Hai que lembrar que un dos pasados concursos de ambulancias urxentes do 061 está en mans da Xustiza.


O importe dos contratos adxudicados a finais de setembro varía entre os 19 millóns e os 8 millóns de euros:


Contratos ambulancias galicai




 

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE