Salvan a unha muller que caeu ao mar en Bouzas co seu coche e estaba inconsciente

O heroe deste suceso pode ser un motorista acuático, que viu como o coche precipitábase e chegou a tempo de rescatar á muller que perdera a consciencia


|

O heroe deste suceso pode ser un motorista acuático, que viu como o coche caía e chegou a tempo de rescatar á muller, que perdera a consciencia


Unha muller de 32 anos de idade, S.M.F., resultou ferida grave tras precipitarse ao mar nun coche desde o peirao de reparacións de Bouzas, á altura do restaurante Mariña Dávila, en Vigo, segundo informaron fontes da Policía Nacional.


Unha muller resulta ferida grave tras precipitarse ao mar nun  coche, no peirao de reparacións de Bouzas, en Vigo

RESCATE DE URXENCIA
Unha persoa que se atopaba pola zona nunha moto de auga observou o ocorrido e rescatou á muller e única ocupante do vehículo. Ao lugar desprazáronse efectivos do 091, de Garda Civil, Policía Local e Policía Portuaria.

A muller estaba insconsciente cando foi rescatada e foi trasladada ao Hospital Álvaro Cunqueiro de Vigo nunha ambulancia medicalizada do 061, confirmaron fontes de emerxencias médicas.

Esta previsto que o coche sinistrado, que quedou entre o espigón e un pantalán, sexa retirado da auga por servizos da Autoridade Portuaria este venres.

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE