Cruzar a rúa sen parar para bloquear o acceso ao estaleiro de Navantia

Os traballadores da UTE Tecman-Rayma, encargada do servizo de mantemento nos dous estaleiros de Navantia na ría de Ferrol, protagonizaron á primeira hora da mañá deste xoves unha protesta que bloqueou o acceso ao recinto industrial.


|

Os traballadores da UTE Tecman-Rayma, encargada do servizo de mantemento nos dous estaleiros de Navantia na ría de Ferrol, protagonizaron á primeira hora da mañá deste xoves unha protesta que bloqueou o acceso ao recinto industrial.


Os traballadores da UTE Tecman-Rayma priotestan en Ferrol.Protesta dos traballadores ante Navantia


A acción consistiu en cruzar continuamente polos pasos de peóns situados nas dúas portas de acceso á factoría, o que provocou importantes retencións dos vehículos dos operarios, tanto da empresa principal como da auxiliar, que querían acceder ao estaleiro.



Os operarios que acudiron ao centro de traballo andando non tiveron ningún problema para entrar ás instalacións, mentres que os que optaron polo coche accederon con atraso, o que motivou a convocatoria dunha reunión entre o comité de empresa de Navantia e a dirección para abordar esta situación.

Ademais, a parte social ha reclamado solucións ante esta situación,á empresa pública, tendo en conta que desde hai varias semanas algunhas máquinas, sobre todo guindastres, non están a recibir o mantemento polas protestas dos empregados.


READMISIÓN DESPEDIDOS

Os traballadores da UTE iniciaron unha folga indefinida o pasado 23 de setembro para reclamar a readmisión dos nove traballadores que foron despedidos pola xerencia. A parte social considera que non hai motivo para amortizar estas prazas, xa que a carga de traballo non diminuíu.

Así, reclaman que se articulen medidas temporais, en caso de ser necesarias, como un Expediente de Regulación Temporal de Emprego (ERTE) e que a dirección de Navantia, como empresa adxudicataria deste contrato, medie no conflito.

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE