Descontento en San Cibrao coa ministra de Industria: "Ás portas dunhas eleccións e nin trae promesas"
O comité de empresa de Alcoa San Cibrao expresou o seu descontento tras a reunión mantida o pasado martes coa ministra de Industria, Reyes Maroto, na súa visita á factoría situada en Cervo (Lugo). "A reunión non a podemos cualificar de positiva porque o prezo (da enerxía) non nolo poñen ao nivel de Francia ou Alemaña", indicou o comité de empresa, Xosé Paleo.
O comité de empresa de Alcoa San Cibrao expresou o seu descontento tras a reunión mantida o pasado martes coa ministra de Industria, Reyes Maroto, na súa visita á factoría situada en Cervo (Lugo). "A reunión non a podemos cualificar de positiva porque o prezo (da enerxía) non nolo poñen ao nivel de Francia ou Alemaña", indicou o comité de empresa, Xosé Paleo.
Factoría de San Cibrao
Neste sentido, asegurou que a empresa "lle dixo claramente" á ministra "que desta maneira era inviable continuar coa produción de aluminio e a ministra non o contradixo". "Non dixo: 'tranquilos, que temos unha solución a isto ou o estatuto contempla isto ou aquilo'", apostilou.
"Non sabemos o que contempla o estatuto (para as electrointensivas), agora mesmo o que coñecemos que foi o primeiro borrador non chega de ningunha maneira", apuntou Paleo.
"Ela non corrixiu á empresa cando dixo iso e iso é grave. Ás portas dunhas eleccións que non traia sequera promesas. A situación na que está a planta é grave", subliñou.
Paleo non esconde que a factoría da Mariña de Lugo "corre perigo", para reprochar seguidamente que "ata descoñecemos cal vai ser o prezo (da luz)".
"Se non hai outra solución, no mellor dos casos, o prezo nons viable e xa llo dixemos onte, que está bastante por encima do prezo da enerxía do resto da Unión Europea. Se non trae solucións, se non hai solución, o camiño remata en breve. Agora mesmo é curto o camiño que temos", avisa.
E é que o custo enerxético da planta supón o 40 por cento dos custos de produción, o que conduciu á paralización de 32 cubas das 512 da planta de Lugo.
O presidente do comité de empresa puntualizou que España é "o país que ten a enerxía máis cara, para as industrias electrointensivas, que o resto de todos os países do mundo".
Así, segundo Paleo, a factoría de San Cibrao é "a terceira máis eficiente" da multinacional Alcoa se se desconta o prezo da enerxía. Por contra, engadindo este factor, a fábrica de Cervo sitúase á cola.
"Isto precisa de solucións políticas. O momento de solucionalo é agora non cando estea pechada", advertiu finalmente.
Escribe o teu comentario