HM Hospitais trae a Santiago a II Xornada ‘Xuntas Contra o Cancro’
A capital galega celebrará este 16 de outubro en Hotel Monumento San Francisco as xornadas simultaneamente con Madrid e Barcelona. No evento reuniranse mulleres con cancro de mama, familiares e oncólogos para resolver as dúbidas dos asistentes.
A capital galega celebrará este 16 de outubro en Hotel Monumento San Francisco as xornadas simultaneamente con Madrid e Barcelona. No evento reuniranse mulleres con cancro de mama, familiares e oncólogos para resolver as dúbidas dos asistentes.
Este 19 de outubro celébrase o Día Mundial Contra o Cancro de Mama
En vésperas á celebración do 'Día Mundial Contra o Cancro de Mama' o próximo 19 de outubro, HM Hospitais, a través da rede formada polos Centros Integrais Oncolóxicos Clara Campal, busca resolver as dúbidas e preguntas que xorden entre os pacientes e familiares acosados por esta terrible enfermidade.
"Un mellor coñecemento da enfermidade por parte das mulleres con este proceso oncolóxico nunca é contraproducente e axuda a afrontar a enfermidade", sosteñen desde HM Hospitais, que animan ás afectadas a trasladar as súas dúbidas sobre o diagnostico, os tratamentos ou os distintos tipos de cancro de mama existentes.
As sesións que se celebrarán en Madrid, Barcelona e Santiago de Compostela "estarán dirixidas por oncólogos de recoñecido prestixio como a Dra. Eva Ciruelos, coordinadora da Unidade de Mama de HM CIOCC en Madrid, o Dr. Joan Albanell, director de HM CIOCC Barcelona e a Dra. Teresa Curiel, directora de HM CIOCC Galicia". "Se está interesada en asistir reserve a súa praza escribindo un correo electrónico a mesanchez@hmhospitales.com", sinalan desde HM Hospitais.
"As pacientes cada vez están máis informadas e activas. Os profesionais habemos de saber en cada momento que información require o paciente e como darlla. O nivel de detalle establéceo o propio paciente”, comenta a Dra. Ciruelos, que recalca o momento do diagnostico e de dar a noticia aos seres queridos do paciente como os momentos do proceso no que xorden máis dúbidas ao redor dunha doenza na que o apoio psicolóxico é fundamental.
Escribe o teu comentario