​A Cidade da Cultura presenta o sistema máis eficiente e económico no tratamento de augas residuais

Cetaqua Galicia lidera o proxecto 'Life Seacan', un sistema de tratamento de augas residuais de vangarda que permite aforrar tanto en custos como en enerxía e á vez é respectuoso co medioambiente.


|

Cetaqua Galicia lidera o proxecto 'Life Seacan', un sistema de tratamento de augas residuais de vangarda que permite aforrar tanto en custos como en enerxía e á vez é respectuoso co medioambiente.


Celia LifeSeacan 1

Presentación do proxecto 'Life Seacan'


'Life Seacan' desenvolveu dúas tecnoloxías que, en palabras dos seus creadores "avogan por unha xestión sustentable das augas residuais procedentes da industria conserveira". As dúas tecnoloxías, que estiveron sometidas a investigación durante catro anos, están baseadas en bioprocesos de biopelícula e permitiron reducir o consumo enerxético do proceso de tratamento, ademais de ser menos contaminantes e lograr do mesmo xeito unha óptima calidade do efluente.


Nunha comunidade como Galicia, onde o ecosistema mariño é non só un ben ecolóxico senón un dos sustentos da economía do país, o tratamento das augas residuais procedentes da industria conserveira é un aspecto fundamental para evitar danar o medio. Por isto, grazas a estes sistemas, lógrase depurar augas residuais complexas e redúcese o impacto da actividade industrial sobre o ecosistema.





Con motivo do peche do proxecto, Cetaqua presentou os resultados de 'Life Seacan', que tamén podería ser utilizado noutros campos como o da industria láctea ou vitivinícola, na Cidade da Cultura. No evento estiveron presentes membros da Universidade de Vigo e da Universidade de Santiago de Compostela, que tamén participan no proxecto. Na mesma liña, empresas como como 'Capsa Food, 'Condes de Albarei' ou 'Coca-Cola European Partners Iberia', así como doutras entidades como Augas de Galicia, ANFACO-CECOPESCA e FIAB, estiveron presentes na Cidade da Cultura. 


Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE