Foro A Toxa: Felipe González pide aos que non poden gobernar acabar co bloqueo de España
O foro organizado por Hotusa segue congregando boa parte da atención política estatal. Mañá chegará o actual presidente do Goberno e hoxe o ex-presidente Felipe González advertiu aos partidos que é necesario superar xa a falta de representación que senten moitos españois.
O expresidente do goberno Felipe González considerou "inevitable" e "inexorable" o desbloqueo político en España para a nova cita coas urnas do 10 de novembro para "superar" a "crise de representación".
"Os representados teñen que verse reflectidos cando depositan o seu voto nos representantes", asegurou o expresidente, que lembrou que os cidadáns "cumpren a súa función" cando votan polo que "os representantes teñen que administrar o seu voto para facilitar un goberno estable".
DESATASCAR O GOBERNO
Felipe González pronunciouse deste xeito en declaracións aos medios á súa chegada ao 'Foro A Toja. Vínculo Atlántico', evento no que lembrou que xa en 2016 escribiu e declarou que aqueles que "non poden formar goberno non poden obstaculizar que o formen" outras formacións.
Preguntado polo lema elixido polo Partido Socialista para a campaña 'Agora Goberno, Agora España', González defendeu que "non cabe a menor dúbida" de que fai falta un goberno e de que o goberno "é para España" como "espazo público compartido desde hai pouco menos que 520 anos como mínimo".
Ademais, en resposta a preguntas dos medios sobre se é necesario un mediador na esquerda para que as forzas cheguen a acordos, Felipe González, que asegurou "non" estar "ao detalle do que pode facer falta", considerou que se pasou a un "pluripartidismo" que se converteu en "bloquismo".
Por último, despois de que o presidente da Junta de Extremadura, Guillermo Fernández Vara, pedise nun mitin l voto para Felipe González, o expresidente do Goberno restou importancia a estas palabras. "Creo que estaba aínda influído polo encontro previo que tiveramos que curiosamente era sobre a Constitución de Cádiz, que era ben interesante e as súas aplicacións á política actual", sinalou.
Escribe o teu comentario