​O Obra desínflase en Zaragoza (96-64)

As boas sensacións deixadas polo equipo de Moncho Fernández no seu debut ligueiro diluíronse ante o Zaragoza, que superou aos composteláns en máis de 30 puntos. 


|

As boas sensacións deixadas polo equipo de Moncho Fernández no seu debut ligueiro diluíronse ante o Zaragoza, que superou aos composteláns en máis de 30 puntos.


Obradoiro zaragoza

Derrota do Obradoiro en Zaragoza | Foto: Casademont Zaragoza


Os sorrisos coas que os afeccionados abandonaron o Multiusos Fontes do Sar o pasado venres so tornaron en caras longas este domingo despois do tropezo maiúsculo do Obradoiro en casa do Zaragoza. Os galegos practicamente non compareceron nun partido dominado de punta a cabo polo equipo maño, que zurrou a un Obra que nada tivo que ver co da primeira xornada ante o Barça.


Este partido volveu constatar, unha vez máis, que ao Obra ponlle máis xogar contra os poderosos. O equipo de Moncho Fernández saca os cabeiros máis a miúdo cando teñen en fronte a un Madrid, Barça ou Baskonia. Con todo, ante un rival un pouco máis da súa liga como é o Zaragoza, os composteláns deixan ver todas as súas vergoñas. Só fai falta botar unha ollada aos algarismos do primeiro cuarto: 32-12. 20 puntos de diferenza que se tornaron irremontables, e máis despois dun segundo cuarto catastrófico na anotación onde só engadíronse 8 puntiños aos números xa de seu paupérrimos do Obra.


Cabe destacar o bo facer dos anfitrións, desatados no primeiros dez minutos. Radojevic foi un pesadelo todo o partido, con 22 puntos que afundiron a un Obra ao que non sostivo ninguén. Salvo Vasileiadis, o que máis o tentou, pero que fixo a metade dos puntos do á-pivot montegrino. Tampouco estiveron finos Magee, Czerapowicz, e Muñoz, que cegaron ante o Barça, pero cuxo fulgor se desvaneceu por completo en Aragón. Entre os tres sumaron só un triplo das catorce veces que o tentaron.


Tamén volveu o equipo santiagués a estar frouxo no rebote, un aspecto que acabou sendo determinante na súa derrota ante os azulgranas e onde tampouco luciron en Zaragoza. No segundo tempo, os locais baixaron un par de marchas e o Obradoiro reactivouse timidamente no ataque, deixando a conta no humillante 96-64 final. Pouco que celebrar e moito que analizar na viaxe de volta, que de seguro fíxoselles longo aos galegos.

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE