Unha moción para que Bugallo medie no conflito dos traballadores do aeroporto de Lavacolla

A portavoz do BNG en Compostela, Goretti Sanmartín, presentou unha moción de urxencia para o pleno de setembro na que reclama ao Concello de Santiago que actúe de "mediador" con Aena para solucionar o conflito cos traballadores do aeroporto, que convocaron para este venres a terceira xornada de folga.

|

A portavoz do BNG en Compostela, Goretti Sanmartín, presentou unha moción de urxencia para o pleno de setembro na que reclama ao Concello de Santiago que actúe de "mediador" con Aena para solucionar o conflito cos traballadores do aeroporto, que convocaron para este venres a terceira xornada de folga.


Lavacolla 1

Aeroporto de Lavacolla


A través dun comunicado, Goretti Sanmartín lembrou que "a dous días de que se produza" este terceiro paro, "non hai avances, nin sequera posibilidade de sentar nunha mesa", polo que reclama que o Concello "actúe de mediador para evitar o recorte de dereitos laborais sen precedentes".

A portavoz do BNG lembrou que os traballadores reclaman que se manteña a cantina de persoal, un incremento no cadro de traballadores acorde co aumento da carga laboral e que se reduza a temporalidade e a "precariedade" no aeroporto compostelán, entre outras cuestións.


OUTRAS CUESTIÓNS

Por outra banda, o BNG defenderá no Pleno de Santiago a creación dunha comisión especial de memoria histórica, ademais do levantamento dun monumento de homenaxe ao alcalde Ánxel Casal coa inscrición dos nomes de todas as persoas executadas ou presas durante o franquismo.


Goretti Sanmartín esixirá tamén que o Concello de Santiago proceda a xestionar a retirada da simboloxía de ensalzamiento franquista que aínda permanece na cidade e que inste a instalar unha placa na nova terminal do aeroporto en recordo das persoas que estiveron no campo de concentración de Lavacolla e colaboraron na construción desta infraestrutura.

ACTIVIDADES ARTÍSTICAS E ARTESANAIS

O Grupo Municipal Popular, pola súa banda, presentará no Pleno desta semana unha proposición para que o concello leve a cabo a modificación das normas que, na actualidade, regulan as actividades artísticas e artesanais na vía pública, e que se controle a súa aplicación.

Neste momento, explican os populares composteláns, nas rúas da cidade histórica "pode observarse unha extensión descontrolada da ocupación da vía pública, con instalacións dedicadas a actividades supostamente artísticas ou artesanais".

Esta ocupación, consideran, "implica unha degradación da cidade histórica", así como "dos dereitos dos residentes ou dos comerciantes".

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE