Apostando por vehículos eléctricos para a súa frota, Viaqua únese á loita contra o quecemento global
Destacando outras medidas xa tomadas como lal compra de enerxía verde, Viaqua lembra que a redución das emisións de CO2, é un elemento fundamental na loita contra o cambio climático.O sector do transporte representa o 25% do total de emisións de gases de efecto invernadoiro (GEI) a nivel mundial. Suez, a súa casa matriz, prometeu reducir no 2021 o 90% das emisións de CO2 derivadas do seu consumo eléctrico.
Cada vez son máis as corporacións preocupadas polo impacto do cambio climático que toman medidas concretas. Unha delas é Viaqua, a empresa do Grupo Suez que xestiona a auga en numerosos municipios galegos.
Segundo informa nunha nota de prensa, renovou o 35% da frota de vehículos do seu equipo directivo por turismos híbridos e eléctricos, alcanzando a finais de ano o 60%. Valor que se incrementará ano tras ano, pois promete a alcanzar no ano 2021 o 100%.
Destacando outras medidas xa tomadas como lal compra de enerxía verde, Viaqua lembra que a redución das emisións de CO2, é un elemento fundamental na loita contra o cambio climático.
O sector do transporte representa o 25% do total de emisións de gases de efecto invernadoiro (GEI) a nivel mundial. Suez, a súa casa matriz, prometeu reducir no 2021 o 90% das emisións de CO2 derivadas do seu consumo eléctrico.
Escribe o teu comentario