​O xuíz lembra que Urdangarin non pode estar coa súa familia mentres fai voluntariado fóra do cárcere

O marido da Infanta debe permanecer en todo momento no centro de dependentes, tamén durante as comidas, e non aproveitar o polémico permiso para contactar con outras persoas que non sexan as do Hogar Don Orione


|

O marido da Infanta debe permanecer en todo momento no centro de dependentes, tamén durante as comidas, e non aproveitar o polémico permiso para contactar con outras persoas que non sexan as do Hogar Don Orione


O xuíz de Vixilancia Penitencia número 1 de Valladolid ditou unha providencia na que concreta os requisitos dos permisos concedidos ao marido da Infanta Cristina, Iñaki Urdangarin, para realizar un voluntariado fóra da prisión de Brieva (Ávila) na que cumpre condena polo caso Nóos.


Urdangarin á súa chegada ao Hogar Orione



Precísalle que ten "terminantemente prohibido" calquera comunicación con familiares e que non poderá saír das instalacións nas que realiza o seu labor dúas veces por semana, salvo que lle acompañe alguén ao seu cargo. 


Ademais, as comidas débeas realizar nas propias dependencias do centro Hogar Don Orione onde fai o seu labor mentres cumpre a súa condena de máis de cinco anos e 10 meses de cárcere.

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE