69 prazas internas da Deputación de Baltar, declaradas ilegais definitivamente

A Sala Especial do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) acordou desestimar de forma definitiva o recurso de casación autonómico presentado pola Deputación de Ourense contra o fallo que anulaba un concurso interno do ano 2016 que contemplaba a ocupación de 69 postos de traballo.

|

Cuarta sentenza, cuarto pau xudicial ao concurso interno polo que a Deputación de Ourense que goberna Manuel Baltar convocou 69 postos de traballo de maneira ilegal


A Sala Especial do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) acordou desestimar de forma definitiva o recurso de casación autonómico presentado pola Deputación de Ourense contra o fallo que anulaba un concurso interno do ano 2016 que contemplaba a ocupación de 69 postos de traballo.


BALTAR E JÁCOME PLENO INVESTIDURA

Baltar e o seu socio de goberno, o líder de DO Gonzalo Pérez Jácome


Deste xeito, o alto tribunal galego volve confirmar a sentenza do Xulgado Contencioso Administrativo de Ourense pola que se anulaba este concurso e subliña que contra a decisión emitida con data do 13 de setembro "non cabe recurso algún".

En concreto, o TSXG xa considerou nun fallo emitido en xullo de 2018 que a convocatoria "obvia a valoración do mérito e a capacidade do posible aspirante", polo que "impide a súa posibilidade de participación no proceso se non pertence ao grupo, escala, subescala e categoría profesional que se especifica nas fichas individualizadas dos postos de traballo da Relación de Postos de Traballo".


Nesta mesma liña, destacaba que o concurso interno da Deputación de Ourense non tivo como finalidade primordial "posibilitar a cobertura das prazas ofertadas cos aspirantes que, reunindo os requisitos mínimos esixibles, demostren maior mérito e capacidade".


OU CUMPRE AGORA, OU SE ARRISCA A MULTAS

Tras coñecerse a decisión da Sala Especial do TSXG, a CIG --o sindicato que en decembro de 2016 recorreu o concurso interno-- ha destacado que esta é a cuarta resolución xudicial que lles dá a razón sobre a "ilegalidade" deste concurso.

Ademais, a central nacionalista sinala que a Deputación de Ourense conta agora con un prazo de dous meses para cumprir o disposto na sentenza orixinal, que ordenaba anular as bases reguladoras e a convocatoria do concurso ordinario organizado.

"Se no prazo de dous meses a Deputación non cumpre, a CIG pode solicitar a execución forzosa da sentenza e mesmo que se impoñan multas aos responsables políticos que non cumpran co fallo", asegurou o sindicato.

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE