Ferida grave unha embarazada tras ser atropelada en Vigo
Unha muller embarazada de 23 anos atópase ferida de gravidade tras ser atropelada en Vigo a pasada noite do venres, preto das 22,30 horas.
Unha muller embarazada de 23 anos atópase ferida de gravidade tras ser atropelada en Vigo a pasada noite do venres, preto das 22,30 horas.
A muller, de orixe paraguaia, atopábase camiñando na intersección da avenida Tranvía e a rúa Ríomao cando un turismo atropelouna e resultou ferida de gravidade, aínda que ningún servizo de emerxencias puido informar sobre o estado do seu embarazo.
Ao producirse o atropelo, varios particulares deron aviso dos sucedido ao 112 Galicia, que de inmediato alertaron á Policía Local, Bombeiros de Vigo e Urxencias Sanitarias-061.
Despois de chegar ao lugar dos feitos, os efectivos médicos asistiron á muller e trasladárona ao hospital Álvaro Cunqueiro, onde permanece ingresada.
Escribe o teu comentario