​Denuncian ao Concello de Tordoia por usar diñeiro público en obras de propiedades privadas

A denuncia ante a Garda Civil foi realizada polo concelleiro de Espazo Común de Tordoia, Carlos  García, quen puxo en coñecemento da benemérita as irregularidades que veñen realizando por parte do goberno municipal. 


|

A denuncia ante a Garda Civil foi realizada polo concelleiro de Espazo Común de Tordoia, Carlos García, quen puxo en coñecemento da benemérita as irregularidades que veñen realizando por parte do goberno municipal.


Escavadora

Unha escavadora 

 
"No marco do Plan Único da Deputación da Coruña para facilitar  financiamento para obras aos concellos,  están a acometerse melloras en leiras privadas aproveitando recursos públicos", denuncia Espazo Común de Tordoia nun comunicado, sinalando que é en Paradela onde se están realizando estas obras utilizando "maquinaria da empresa adxudicataria do proxecto Escavacións Varela S.L.".


Escavacións Varela S.L. é, como sinala a nota, unha empresa propiedade do alcalde "dun concello moi próximo" gobernado polo Partido Popular. Con esa maquinaria están a realizarse " movementos de terras en parcelas que non son públicas".


O concelleiro Carlos García advirte que, aínda que é unha práctica que xa vén sendo "habitual" en Tordoia, nunca fora dunha maneira "tan evidente e irrespetuosa coa legalidade como no caso actual".


"Desde Espazo Común, temos o convencemento de que este tipo de actuacións son execrables e anitdemocráticas, polo que deben erradicarse xa", sinala a nota, destacando que as obras públicas "non deben ser empregadas para beneficiar a hipotéticos apoios electorais en detrimento de os que non son afíns ao partido gobernante". "Son moitas as vías de comunicación dentro do noso concello polo que hai moito onde empregar eses recursos sen que sexa en propiedades de particulares", conclúe.

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE