Pontevedra podería ser a segunda cidade de España que declare o 'Estado de Emerxencia Climática'

O concelleiro de Cidadáns Goyo Revenga presentou unha moción para o seu debate no próximo Pleno na que solicita que o Concello de Pontevedra declare o 'Estado de Emerxencia Climática', asumindo "compromisos reais" para loitar contra o quecemento global.

|

O movemento de loita contra o cambio climático non está a despegar en Galicia tan rápido como noutras áreas. Con todo, Cidadáns en Pontevedra vai camiño de lograr que a capital do Lérez sexa a segunda de España en aprobar unha declaración esixe medidas concretas para salvar o planeta.


O concelleiro de Cidadáns Goyo Revenga presentou unha moción para o seu debate no próximo Pleno na que solicita que o Concello de Pontevedra declare o 'Estado de Emerxencia Climática', asumindo "compromisos reais" para loitar contra o quecemento global.



Militantes de cidadáns pontevedra con Goyo Revenga no centro xunto a Laureano Bermejo

Militantes de Cs Pontevedra con Goyo Revenga e Laureano Bermejo no centro


Goyo Revenga explicou en rolda de prensa que, con esta declaración, Pontevedra posicionaríase como cidade pioneira en España, xunto con Barcelona, na loita efectiva contra o quecemento global. Esta declaración implica poñer en marcha unha "folla de roteiro vinculante" para facer do municipio un "referente en desenvolvemento sustentable".

Ademais, Cidadáns pretende que o concello estableza compromisos políticos, normativos e recursos para reducir nun 50% a emisión de gases de efecto invernadoiro co ano 2030 como data límite, abandonar os combustibles fósiles, promover a eficiencia enerxética nas novas construcións e facilitala nas antigas.


APOSTA POLO COCHE ELÉCTRICO

Outras propostas son fomentar o autoconsumo enerxético nas instalacións do concello e a mobilidade sustentable, cun transporte urbano eco-eficiente (taxis e autobuses eléctricos, carrís bici...), para o que é necesaria a instalación de electrolineras e hidrogeneras que axuden á transición do uso de vehículos de combustión a eléctricos.

A moción de Cidadáns tamén pide facer unha xestión responsable da auga e que se potencien os sistemas de recollida RSU eficientes (compostaxe, puntos limpos urbanos, illas de recollida adecuadas), buscando eliminar os envases de plástico cun horizonte de 2030.

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE