AENA non dá marcha atrás coa cantina de Lavacolla pola falta de “interese” das empresas para a súa xestión
Así o declarou o Goberno central despois de que a Coordinadora do Comité Intercentros do aeroporto de Santiago de Compostela remitise á Mesa do Congreso dos Deputados unha serie de cuestións sobre o caso a través de Jon Iñarritu, parlamentario de Bildu.
Así o declarou o Goberno central despois de que a Coordinadora do Comité Intercentros do aeroporto de Santiago de Compostela remitise á Mesa do Congreso dos Deputados unha serie de cuestións sobre o caso a través de Jon Iñarritu, parlamentario de Bildu.
Aeroporto de Lavacolla
Atendendo ás respostas de AENA, o goberno central afirma que a empresa pública non ten intención de licitar o servizo de cantina no novo concurso porque aínda que mantivo contactos con diversa empresas de restauración e cátering ningunha mostrou “interese na súa xestión”.
RESPOSTA DO COMITÉ DE FOLGA
Pablo de Prado, representante do comité de folga lembra que “no artigo 115 da Lei de Contratos do sector público está prevista a posibilidade de que se fagan consultas preliminares do comprado coa finalidade de preparar correctamente a licitación e informar aos citados operadores económicos acerca dos seus plans e dos requisitos que esixiran para concorrer ao procedemento”.
Así o explica a nota da CIG, que sinala máis irregularidades por parte de AENA neste proceso, advertindo que a pesar de revisar reiteradamente os documentos dentro do expediente de contratación non atoparon informes fundamentais ao redor das consideracións que se fixeron respecto a a cantina de Lavacolla, polo que demandan a AENA que indique onde está publicado ese informe.
O representante da CIG insiste en que o mantemento no servizo da cantina é un aspecto fundamental na convocatoria da folga en Lavacolla, que terá a súa primeira xornada este venres 13 de setembro se nada o evita antes. Con todo, de Prados afirma a que están abertos á posibilidade de que se garanta “o acceso de todas as traballadoras e traballadores do aeroporto de Santiago aos servizos de restauración do aeroporto cos prezos que viña tendo o persoal nos últimos 64 anos e non só aos de AENA e EANER.”
Á súa vez, recalca que a cantina só é un dos moitos motivos que levaron aos traballadores á folga, como a excesiva carga de traballo e as persoais cada vez máis reducidas. Ademais, a CIG tamén anuncia que o persoal de distintas empresas sumáronse nos últimos días á convocatoria de folga, como os membros de USCA en representación das controladoras e controladores aéreos, os do persoal de mantemento de torre (CSAP) e todo o comité de ENAIRE.
Escribe o teu comentario