Outro terremoto que se pode percibir en Ourense, agora en Valdeorras

Un novo tremor de terra deixouse sentir durante a madrugada deste venres na montaña ourensá, concretamente entre os municipios de Carballeda de Valdeorras e O Barco de Valdeorras, onde tivo o seu epicentro.

|

Primeiro a noite do mércores ao xoves oun seismo en Cartelle notouse na capital e agora na noite do xoves ao venres outro movemento símico deixouse sentir no Barco e o resto da comarca de Valdeorras.


Un novo tremor de terra deixouse sentir durante a madrugada deste venres na montaña ourensá, concretamente entre os municipios de Carballeda de Valdeorras e O Barco de Valdeorras, onde tivo o seu epicentro.



VALDEORRAS TERROMOTO




Segundo os datos do Instituto Xeográfico Nacional e do 112-Galicia, o sismo tivo lugar ás 5,28 horas da madrugada a unha profundidade de 16 quilómetros e a súa magnitude alcanzou os 3,5 graos.


NOTOUSE MESMO EN PONFERRADA

O tremor puido sentirse no Barco, Carballeda de Valdeorras, Vilamartín e mesmo Ponferrada, aínda que a central do 112 non rexistrou ningunha chamada alertando do suceso.

Este novo terremoto prodúcese despois de que na madrugada do xoves Galicia rexistrase tamén varios tremores de entre 1,8 e 3,3 graos. Concretamente, foron nos municipios ourensáns de Cartelle e A Merca e no lucense de Triacastela.

O 112 Galicia ten constancia, ademais, de que o pasado martes tamén tiveron lugar outros dous movementos sísmicos na costa de Vigo, un de magnitude 3,2, cunha profundidade de 5 quilómetros; e outro de 3,4.

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE