A xustiza avala que na práctica haxa que cursar Relixión para poder cursar outras materias como Robótica

Un xulgado de Compostela desestimou a demanda dunha familia que pedía a anulación da matrícula dun alumno de 1º de Bacharelato do curso 2017-2018, tras verse na obrigación de cursar a materia de Relixión para ter a posibilidade de optar pola materia de Robótica.

|

Un xulgado de Compostela desestimou a demanda dunha familia que pedía a anulación da matrícula dun alumno de 1º de Bacharelato do curso 2017-2018, tras verse na obrigación de cursar a materia de Relixión para ter a posibilidade de optar pola materia de Robótica.


Igrexa católica, misa, relixión, templo


O xulgado do Contencioso Administrativo nº2 de Santiago tombou esta demanda en un auto no que exime á Xunta de toda a responsabilidade respecto diso, senón que atribúe a situación á configuración da oferta formativa dos centros educativos, segundo explica a CIG-Ensino, entidade que ofreceu asesoría xurídica para impulsar a denuncia.

A polémica xorde por mor da publicación do decreto 86/2015, normativa que "emana da Lomce". O total de horas que deben sumar as materias específicas de opción (das que hai que seleccionar dúas obrigatoriamente) e as de libre configuración ascende a seis semanais.

Casos como Robótica, Antropoloxía ou Coeducación para ou século XXI contan cunha carga lectiva de dúas horas, mentres que a Relixión é "a única" materia específica cunha carga lectiva dunha hora semanal. Neste sentido, os interesados en cursar materias de libre configuración autonómicas víronse obrigados a "completar" as seis horas con esta materia.

PROTESTAS
A situación xa fora criticada por diversas entidades, como Anpas Galegas ou o colectivo '#FilosofíaSi', integrado por profesores de Filosofía de Secundaria, que chegou a presentar unha queixa formal ante o Valedor do Pobo e o Parlamento de Galicia.

A CIG lamentou que o xuíz asuma "como natural" esta dinámica e considerou que se está vulnerando tanto "o dereito fundamental á educación" como "de liberdade ideolóxica e de igualdade". "O alumnado que queira ver respectadas as súas conviccións verá restrinxida a súa capacidade de elección, dispoñendo dunha oferta curricular menor", advertiu.

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE