(Vídeos) Polo menos tres incendios forestais na provincia de Ourense

O incendio forestal declarado ás 19,05 horas do mércores na parroquia de Barca de Barbantes, en Cenlle (Ourense), permanece e afecta a unhas 35 hectáreas.

|

Nun día de máximo risco de incendios en case toda Galicia Cenlle, Cartelle e Lobeira sofren lumes nas últimas horas. O de Cenlle provoca problemas na Autovía A-52 que une Ourense e Vigo.


O incendio forestal declarado ás 19,05 horas do mércores na parroquia de Barca de Barbantes, en Cenlle (Ourense), segue activo e afecta a unhas 35 hectáreas.


Garda Civil tentando apagar incendio na autovu00eda nunha foto de emerxencias Ourense

Garda Civil tentando apagar o lume na mediana da autovía A-52 no incendio de Cenllo nunha foto de @EmerxenciasOu Twitter


Diso informaron a Europa Press fontes da Consellería do Medio Rural, que precisaron que a evolución é favorable e que na mañá deste xoves volverán incorporarse os medios aéreos aos labores de extinción.


Precisamente, nos traballados para apagar o lume participou un técnico, oito axentes, 26 brigadas, 13 motobombas, unha pa, sete avións e cinco helicópteros.





EXTINGUIDO O INCENDIO DE CARTELLE
A Consellería do Medio Rural tamén informou da extinción do lume rexistrado na parroquia de Anfeoz, en Cartelle, un municipio tamén da provincia de Ourense.

En concreto, o incendio quedou extinguido sobre as 4,00 horas da madrugada tras afectar a unha superficie de sete hectáreas de monte arborizado.

Nos labores de extinción participou un técnico, tres axentes, 11 brigadas, seis motobombas, unha pa, seis avións e cinco helicópteros.


INCENDIO EN SENDERIZ

Ademais, nas últimas horas declarouse un incendio en Senderiz, en Lobeira, que xa está a combater a BRIF de Laza.






Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE