A Coruña acollerá o Festival Mar de Mares do 18 ao 22 de setembro
A Coruña acollerá do 18 ao 22 de setembro a sexta edición do Festival Mar de Mares, que acollerá, por primeira vez nunha cidade española, o encontro de cinema 'Ocean Film', segundo informa a organización.
A Coruña acolle o festival / Foto: @FestMardeMares
A programación de Ocean Film Festival presenta oito películas realizadas no mar, tanto de forma submarina como na superficie, "e coa premisa de servir de inspiración para explorar, respectar, gozar e protexer os océanos" mediante historias de cineastas independentes. A proxección terá lugar o domingo 22 de setembro ás 11,30 horas na Domus.
Mentres, a nova edición do Festival Mar de Mares presentará á ciencia como o gran aliado dos océanos. Será a través dun encontro artístico, científico, educativo, lúdico e divulgativo "de celebración e preservación do mar", explica a organización.
Trátase dunha proposta que, con actividades dirixidas a todos os públicos, suma 93.000 asistentes nas súas cinco edicións anteriores.
Escribe o teu comentario