Ferida ao quedar atrapada entre un vehículo e a parede dun garaxe
Unha muller resultou ferida este domingo tras quedar atrapada entre unha furgoneta e unha parede no garaxe dunha vivenda situada na Praza Irmáns Gómez do Concello de Santiago de Compostela.
Unha muller resultou ferida este domingo tras quedar atrapada entre unha furgoneta e unha parede no garaxe dunha vivenda situada na Praza Irmáns Gómez do Concello de Santiago de Compostela.
Foi o mesmo condutor quen, ás 18,30 horas desta tarde, alertou ao 112 Galicia do feito. Ata o punto desprazáronse os profesionais de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 e os Bombeiros de Santiago, que se encargaron de rescatar á muller atrapada contra a parede.
Unha vez liberada, foi evacuada polo persoal sanitario ao centro hospitalario de referencia.
Escribe o teu comentario