Outro desprendemento pon en alerta aos visitantes da praia das Catedrais

A praia das Catedrais, en Ribadeo, rexistrou un novo desprendemento este xoves, aínda que afortunadamente ningún visitante resultou ferido.


|


A praia das Catedrais, en Ribadeo, rexistrou un novo desprendemento este xoves, aínda que afortunadamente ningún visitante resultou ferido.


Praia das Catedrais en Lugo



Desde Protección Civil apuntan que estas caídas de laxas son algo "habitual", sobre todo cando se producen cambios de temperaturas como os destes días e choivas.

De acordo con Protección Civil, o desprendemento "debeu de ser pola mañá", pero nunha cova e "a xente está avisada de que non pode andar polos cantís".

Nunha xornada festiva de bo tempo en plena ponte de agosto, a zona, con numerosos turistas, foi sinalizada e logo cuberta pola marea.

En marzo do ano pasado produciuse o accidente que acabou coa vida dunha moza á que caeu unha pedra na cabeza. Estes feitos motivaron un reforzo dos estudos sobre a seguridade do areal por parte das diferentes administracións.

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE