Sentenza LaLiga vs Federación: Dépor e Celta non xogarán os luns

O Xulgado do Mercantil número dous de Madrid estableceu que LaLiga xogarase os venres, sábados e domingos, pero non os luns.


|

Iago aspas celta



Xa hai sentenza sobre o expediente que enfrontaba a LaLiga e á Real Federación Española de Fútbol (RFEF). Ambos os organismos chegaron aos xulgados distanciados polos horarios en que debían disputarse os encontros ligueiros da próxima tempada.


O Xulgado do Mercantil número dous de Madrid estableceu que LaLiga xogarase os venres, sábados e domingos, pero non os luns. Así que o primeiro partido disputarase o próximo 16 de agosto entre o Athletic e o Barcelona ás 21:00 horas. 


O órgano xudicial tamén aplicou unha caución de 15 millóns de euros que deberá abonar a entidade presidida por Javier Tebas.

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE