51 presos logran un traballo grazas a través dun programa da Caixa

O programa 'Reincorpora' da Caixa ofreceu itinerarios de inserción sociolaboral en Galicia a 114 internos dos centros penais de Bonxe (Lugo), Ourense e A Lama (Pontevedra) e o Centro de Inserción Social da Coruña o ano pasado.

|

Érguete na Coruña e Vigo, Cruz Vermella e APES colaboran nunha iniciativa na que participan internos de catro centros galegos


O programa 'Reincorpora' da Caixa ofreceu itinerarios de inserción sociolaboral en Galicia a 114 internos dos centros penais de Bonxe (Lugo), Ourense e A Lama (Pontevedra) e o Centro de Inserción Social da Coruña o ano pasado.


A Caixa facilita itinerarios de inserción sociolaboral a 114 internos de cárceres de Galicia


Segundo informou a entidade nun comunicado, o proxecto realízase en colaboración co Ministerio do Interior a través a Entidade Estatal Traballo Penal e Formación para o Emprego e diríxese a poboación recluída de toda España na fase final da súa condena.

O programa da Caixa --desenvolto en Galicia polas delegacións de Érguete na Coruña e Vigo, Cruz Vermella e APES-- ofrece "itinerarios personalizados adaptados ás necesidades de preparación técnica e persoal dos internos", destacaron as mesmas fontes, que "combinan formación, accións de servizo á comunidade e integración laboral, co obxectivo de que a persoa amplíe as súas competencias, reforce valores e mellore habilidades persoais e profesionais que lle axuden no seu camiño cara á plena inclusión social e laboral", abundaron.

MÁIS DE 51 CONDENADOS ATOPARON UN EMPREGO

"As cifras de integración laboral dos internos avalan a consolidación do programa", asegurou a entidade. Así, en 2018, un total de 51 dos participantes que finalizaron o seu itinerario de inserción sociolaboral conseguiron un traballo grazas a 18 empresas contratantes.

En toda España, 1.209 internos conseguiron o ano pasado un traballo a través de 'Reincorpora' mediante a colaboración de 771 empresas. Ademais, desde a posta en marcha desta inicitiva, en 2011, participaron 14.709 internos en todo o país e 5.803 deles atoparon emprego grazas a 5.290 empresas contratantes.

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE