Enfermeiras galegas protestarán contra a precariedade e a dificultade de conciliar

As mobilizacións están organizadas polo colectivo Enfermeiras Eventuais en Loita e pola Asociación de Enfermería Sociosanitaria da Coruña (AENSAC).Hai concentracións confirmadas, entre outros lugares, diante do CHUAC da Coruña e do CHOU de Ourense, pero espéranse tamén en máis centros sanitarios.  As concentracións serán ás 12 do mediodía e forman parte da campaña "12 meses, 12 loitas".


|

Enfermeiras galegas mobilizaranse o próximo 12 de agosto diante de varios centros sanitarios do SERGAS baixo o lema "Coida a quen che coita". As mobilizacións están organizadas polo colectivo Enfermeiras Eventuais en Loita e pola Asociación de Enfermería Sociosanitaria da Coruña (AENSAC).


Hai concentracións confirmadas, entre outros lugares, diante do CHUAC da Coruña e do CHOU de Ourense, pero espéranse tamén en máis centros sanitarios.  As concentracións serán ás 12 do mediodía e forman parte da campaña "12 meses, 12 loitas".


Enfermeiras eventuais sergas silleda protesta negro loito enfermeiras oposicións

Enfermeiras eventuais en loita protestando coas súas camisetas negran nas últimas oposicións do SERGAS


As profesionais levan meses mobilizándose contra os altísimos índices de precariedade na Sanidade Pública galega. Uns contratos temporais que, ademais, dificultan que moitas mulleres opten pola maternidade nun país que afronta unha enorme crise demográfica.


Apostar pola conciliación laboral e familiar é, precisamente, un dos obxectivos da próxima mobilización. Os organizadores animan aos familiares e pacientes a sumarse, pois entenden que eles son as principais vítimas da súa precariedade. As enfermeiras acudirán coas súas camisetas negras ou con roupa de traballo e un lazo negro.


Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE