Veciños de Bergantiños e Xallas marchan contra 'megaparque' eólico

O roteiro percorrerá parte do territorio dos concellos de Carballo, Coristanco e Santa Comba afectado polo “ megaparque” eólico de Bustelo, Campelo e Monte Toural.


|

O roteiro percorrerá parte do territorio dos concellos de Carballo, Coristanco e Santa Comba afectado polo “megaparque” eólico de Bustelo, Campelo e Monte Toural.


Parque eolico



A Plataforma Non Eólicos Bustelo – Campelo – Monte Toural organiza a II andaina reivindicativa pola defensa do rural. A marcha está prevista para este domingo, 4 de agosto, con saída ás 10 h00 de Vilela de Entrecruces (Carballo). Trátase dun roteiro lineal, de preto de 10 km, que pasará polos núcleos de poboación da Abelenda e Mira (Coristanco) e finalizará na fervenza de Castriz (Santa Comba). 


Nesta acción colaboran varias entidades dos 3 municipios afectados polo “ megaparque” eólico Bustelo-Campelo-Monte Toural, entre as que cabe destacar a Asociación Cultural e Veciñal A Fonte Salgueira, Regueifeiras Patateiras de Coristanco, Asociación de Mulleres Rurais Airiños do Xallas e tamén o concello de Santa Comba xunto con Protección Civil dese mesmo concello.


Precisamente, no concello de Santa Comba, todos os grupos da corporación municipal expresaron no último pleno, celebrado hai unha semana, o desacordo cos proxectos de “ megaparque” eólico .

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE