O Obradoiro probará o seu novo equipo ante un reforzado Barcelona

Os beneficios recadados serán destinados ás categorías inferiores do club

|

Mirotic e Abrines son algúns das fichaxes catalás que os aficcionados poderán ver en Santiago


O Obradoiro de baloncesto presentarase ante o seu aficción dez días antes do inicio da tempada enfrontándose ao actual campión de copa, o FC Barcelona, no marco da iniciativa 'O teu Xacobeo' que se celebrará o 14 de setembro ás 18,30 horas no que será o único encontro que o club santiagués dispute na provincia.


Presentación do Torneo Xacobeo 21 coa presenza da comisaria do Xacobeo, Cecilia Pereira

O partido foi presentado este xoves pola comisaria do Xacobeo, Cecilia Pereira, coa compañía do actual adestrador do Obradoiro, Moncho Fernández; así como o Director xeral da entidade, José Luis Mateo e o conselleiro Óscar Rodríguez.

Tal e como anunciou Óscar Rodríguez na súa intervención, o Obradoiro aproveitará a ocasión para presentar o seu novo persoal ademais de desenvolver unha serie de accións de promoción do Camiño. Entre as actividades atópase un programa de visitas a colexios na Vía da Prata como roteiro "protagonista" este ano.

Así mesmo, a comisaria do Xacobeo indicou que o proxecto se enmarca nunha das máis de 300 propostas que levarán a cabo a través do programa 'O teu Xacobeo' e pon atención aos "valores comúns" entre ambas as entidades como "a persistencia, o esforzo, solidariedade, acollida e a hospitalidade".

Ademais, Cecilia Pereira fai fincapé en que o Obradoiro é como un "emblema". "A parte de levar o nome da praza onde chegan os peregrinos, o equipo durante o último Ano Santo levou a camiseta do Xacobeo 2010", comenta. 

ENTRADAS BARATAS PARA OS SOCIOS
O prezo das entradas será de tres euros par os abonados do club, que poderán retirar o pase ata o 8 de setembro. Ademais, os abonados poden comprar entradas adicionais desde nove euros.

Os boletos para o público xeral custarán 19 euros en calquera zona do Multiusos Fontes do Sar. Así mesmo, para infantís e xuvenís, roldarán os nove euros e a recadación irá destinada integramente ás categorías inferiores do club.

Así, como innovación, a organización enviará invitacións para asistir ao partido a todos os peregrinos que acaben o Camiño de Santiago esa semana e poidan acreditalo mediante a Compostela.

PATROCINIO
Pola súa banda, o club recibirá unha contía máxima de 20.000 euros, sendo os dous patrocinadores principais Estrela Galicia e a empresa Monbus, entre outras.

Pola súa banda, a comisaria do Xacobeo fai referencia a esta colaboración puntual e pide "máis ingresos" para poder acometer todos os proxectos. "Se tivésemos máis orzamento fariamos máis colaboracións e patrocinios", indicou.

Ademais, na súa intervención anunciou que xa están a preparar a segunda convocatoria de 'O teu Xacobeo' para aquelas accións que teñan lugar entre o un de maio de 2020 ata finais de ano de 2021.

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE