A Xunta deixa sen cubrir case 1 de cada 5 prazas das oposicións de Educación

Pese ao elevadísimo número de opositores que acudiron ás recentes oposicións da Consellería de Educación, un 19% das prazas acabaron sen adxudicar. Algúns aspirantes e o principal sindicato do sector cren que o Goberno inflou artificialmente as prazas convocadas para poder presumir dunha gran oferta de emprego público.


|

Pese ao elevadísimo número de opositores que acudiron ás recentes oposicións da Consellería de Educación, un 19% das prazas acabaron sen adxudicar. Algúns aspirantes e o principal sindicato do sector cren que o Goberno inflou artificialmente as prazas convocadas para poder presumir dunha gran oferta de emprego público.


Por exemplo, na especialidade de Formación e Orientación Laboral convocáronse 60 prazas e quedaron desertas un terzo, 20. Segundo opositores contactados por Galiciapress, á fase final -na que os candidatos expoñen o seu plan de ensino- xa pasaron menos candidatos do total de prazas ofertadas, a pesar de que moitos aspirantes levan anos impartindo esta materia como interinos.


Oposicionssilleda



Chama a atención o que sucedeu en francés, onde das 70 prazas ofertadas para primaria quedaron desertas máis da metade, 38.


Débese isto a que os tribunais tombaron a candidatos que non estaban suficentemente preparados? A CIG ensino, o sindicato máis importante do ensino en Galicia, tira de datos para argumentar que o Goberno inflou a convocatoria. 


"A CIG-Ensino xa denunciara na Mesa Sectorial na que a Xunta impuxo unilateralmente a oferta de emprego que se estaba incrementando estas prazas máis aló do mínimo fixado pola normativa legal para poder vender que se superaba novamente a cifra de 2000 prazas na OPE" , explica a central nun comunicado.


Segundo os seus datos, da "histórica" convocatoria de la Xunta de 2.604 prazas, só se cubriron 1.723. É dicir, hai 341 postos de profesor que non serán cubertos por profesores fixos e que se supón acabarán adxudicados mediante as máis precarias listas de substitución. 


A miúdo, os interinos dispoñen de menos dereitos que os seus compañeiros funcionarios como, por exemplo, cobrar durante as vacacións de verán. Esta escabechina, segundo a CIG, foi especialmente dura nas prazas de promoción interna ou acceso.  


USDG FALA DE "ESTAFA"

Unhas críticas que xa lanzara outro sindicato. A USDG (Unión Sindical de Docentes de Galicia) denunciou hai semanas que estamos ante unha "estafa" porque o proceso "non asume ningunha das demandas do persoal temporal que permita lograr a necesaria estabilización do emlpeo público".  Por exemplo, máis transparencia, para saber onde fallaron porque "non existen mecanismos para sabelo".


Segundo as súas cifras, unicamente entre o 5 e o 10% dos aspirantes pasaron o primeiro corte. Nalgunhas especialidades, como a citada Formación e Orientación Laboral (FOL) e Industrias Alimentarias, a porcentaxe dos que superaron o primeiro exame non chegou nin ao 8%.


Aprobados exame educacion usdg




Estas son algunhas das especializades onde quedaron vacantes, según datos da CIG:


ESPECIALIDADES CON PRAZAS DESERTAS PRALAS OFERTADAS PRAZAS ADXUDICADAS

PRAZAS DESERTAS

004 Lingua castelá e literatura 55 54 1
005 Xeografía e historia 55 51 4
006 Matemáticas 120 97 23
061 Economía 65 63 2
101 Administración de Empresas 50 44 6
105 Formación e Orientación Laboral 60 40 20
107 Informática 30 16 14
111 Organización e Procesos de Mantemento de Vehículos 20 13 7
112 Organización e Proxectos de Fabricación Mecánica 15 13 2
116 Procesos na Industria Alimentaria 15 13 2
124 Sistemas Electrónicos 15 14 1
209 Mantemento de Vehículos 30 21 9
211 Mecanizado e Mantemento de Máquinas 18 15 3
033 Francés (Primaria) 70 32 38

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE