O movemento contra Reganosa pide que se execute a sentenza que anula as licenzas concedidas por Rajoy

O executivo en funcións que presidiu Mariano Rajoy non só concedeu unha prórroga a ENCE, senón que tamén una a outra gran industria da costa, Reganosa. Neste último caso ilegalmente, polo que a Xustiza anulouna. O CCE reclama que se execute a sentenza.



|

O executivo en funcións que presidiu Mariano Rajoy non só concedeu unha prórroga a ENCE, senón que tamén una a outra gran industria da costa, Reganosa. Neste último caso ilegalmente, polo que a Xustiza anulouna. O CCE reclama que se execute a sentenza.


O Comité Cidadán de Emerxencia mostrou a súa satisfacción pola sentenza do Tribunal Supremo (TS) que anula as licenzas outorgadas polo goberno en funcións de Mariano Rajoy e urxiu a execución do fallo.


Reganosasimulacro


Simulacro en Reganosa


En concreto, o Supremo declarou nula a exención do trámite de avaliación de impacto ambiental que acordou o Consello de Ministros do 27 de maio de 2016 respecto a a regasificadora de Mugardos (A Coruña).


DECLARACIÓNS

Nunha rolda de prensa celebrada este venres, o seu portavoz Manuel Rodríguez, afirmou que esta sentenza "non é un papel calquera" e apoia a posición do Comité Cidadán de Emerxencia que considera que Reganosa "está asentada nun cúmulo de irregularidades".


Así, lembrou que é a quinta vez que o Tribunal Supremo falla en contra da planta de gas e considerou que, nesta ocasión, a decisión fará que "todas as autorizacións que ten ata agora Reganosa vaian caendo como un castelo de naipes".


Manuel Rodríguez confirmou que o Comité Cidadán de Emerxencia incorporou esta sentenza xudicial ao recurso que actualmente ten interposto na Dirección Xeral de Política Enerxética, para que a fagan efectiva.


Para o Comité Cidadán de Emerxencia, a planta de Reganosa "non é necesaria" ao considerar que os gasodutos que existen actualmente en Galicia "son suficientes". Outro dos motivos que argumentaron é que a planta de gas situada en Mugardos "encarece os recibos da luz e do gas na comarca".


"IMPUNIDADE"

Manuel Rodríguez considerou que os gobernos do PP, tanto no Estado como na Xutna, deron "impunidade" a Reganosa". Así, sinalou que a pesar das catro sentencias previas do Tribunal Supremo, o goberno en funcións de Mariano Rajoy "adoptou unha decisión ilegal" ao conceder permisos a Reganosa "e déronlles continuidade".


Por iso, espera que o goberno de Pedro Sánchez "actúe en consecuencia", ao ser Reganosa "unha institución feita pola corrupción do PP" unha vez coñecida esta nova sentenza do Tribunal Supremo.


O portavoz da plataforma sinalou que o Estado sería "responsable" no caso dun accidente nesta plan cunha capacidade de letal de "120 bombas atómicas". "Sería unha catástrofe", advertiu antes de criticar que a Xunta realizase no seu día un seguro a Reganosa a pesar de saber que "ese non era un bo lugar", ao estar a planta de gas dentro da ría de Ferrol e con escasa distancia coa poboación.


A súa compañeira no Comité Cidadán de Emerxencia, Lupe Ces, afirmou que tras esta sentenza xudicial Reganosa é "un xigante con pés de barro", polo que solicitou ao Goberno central "que non permita que isto continúe, para que non sexa un problema da sociedade" e recalcou que a planta de gas "quedouse sen licenzas e se segue actuando farao en ilegalidade e haberá consecuencias políticas."


O Comité Cidadán de Emerxencia tamén confirmou nesta rolda de prensa que solicitaron reunións con todas as forzas políticas para facerlles chegar o contido desta sentenza do Tribunal Supremo, como tamén á Comisión Europea.

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE