Así de desnutridos estaban tres cadeliños ata que os salvou a Garda Civil

A Garda Civil de Santiago investigou a un veciño de Ames (A Coruña) por un suposto delito de abandono animal ao detectar que posuía catro cans --tres cachorros e un adulto-- en condicións hixiénico sanitarias moi deficientes. Posteriormente, un veterinario certificou que se atopaban "nun avanzado grao de desnutrición".

|

Os animais xa están a salvo nun refuxio local tras seren revisados por un veterinario


A Garda Civil de Santiago investigou a un veciño de Ames (A Coruña) por un suposto delito de abandono animal ao detectar que posuía catro cans --tres cachorros e un adulto-- en condicións hixiénico sanitarias moi deficientes. Posteriormente, un veterinario certificou que se atopaban "nun avanzado grao de desnutrición".


Can con desnutrición e extrema delgadez intervido pola Garda Civil de Santiago, que investiga por abandono animal a un veciño de Ames (A Coruña).

Segundo informa a Benemérita, foi "de vital necesidade" provelos de coidados higiénitos sanitarios e darlles alimentación "urxente" para evitar a súa morte por inanición ou deshidratación.

Os axentes da Garda Civil procederon ao rescate e aprehensión dos cans ao observar o "grave risco para a vida" que supoñía o seu estado. Finalmente, foron trasladados ao Centro de Acollida de Animais de Ames.

Por mor da investigación realizada pola Benemérita, dedúcese que a "extrema delgadez" e os "problemas de saúde" que presentaban os cans son o resultado da "falta de atención e custodia" por parte do investigado. Todo iso "non só supuxo un grave risco para a vida dos cans, senón tamén a posible xeración dun problema sanitario no lugar".

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE