As axudas para a compra de vehículos serán accesibles a partir do 24 de xullo

O conselleiro de Economía, Emprego e Industria, Francisco Conde, reuniuse este mércores en Santiago con representantes de concesionarios galegos para tratar o novo programa de axudas para a compra de vehículos "eficientes" que se poderán tramitar a partir do 24 de xullo ata o 15 de outubro.

|

O conselleiro de Economía, Emprego e Industria, Francisco Conde, reuniuse este mércores en Santiago con representantes de concesionarios galegos para tratar o novo programa de axudas para a compra de vehículos "eficientes" que se poderán tramitar a partir do 24 de xullo ata o 15 de outubro.

O concelleiro de Economía, Francisco Conde, durante a reunión cos representantes dos concesionarios galegos que participarán nelas axudas do plan renove.


Por agora, uns 64 concesionarios participan neste programa autonómico, cuxo prazo de 

inscrición aínda segue aberto. O día 23 de xullo publicaranse todos os concesionarios homologados para poder facilitar esta orde de axudas, segundo apuntou o conselleiro.

A Xunta investiu neste programa 1,1 millóns de euros dos que 800.000 euros están dirixidos a particulares e os 300.000 restantes a empresas e a autónomos, segundo informou a Xunta mediante un comunicado.

As axudas serán de entre 1.000 e 1.500 euros e están destinadas a aquelas persoas que queiran cambiar o seu coche de máis de 10 anos de antigüidade coa ITV en vigor, a condición de que o solicitante fose titular do coche durante polo menos un ano.

O vehículo que se adquira non pode superar os 40.000 euros de valor e debe contar cun límite de emisións no caso de turismos de ata 120 gramos CO2/quilómetro
. Para furgonetas, as emisións non poderán superar os 137 gramos CO2/quilómetro.


"RENOVACIÓN DO PARQUE MÓBIL"

Conde destacou durante a súa intervención que o obxectivo desta iniciativa é "contribuír á renovación do parque móbil galego e apostar por modelos eficientes e respectuosos co medio ambiente coas últimas novidades en materia de innovación e seguridade".

Ademais, explicou que este programa busca "facilitar a renovación dos vehículos en Galicia", así como "recuperar o sector", xa que no primeiro semestre deste ano "as vendas reducíronse un 15%" e no caso da tecnoloxía diesel "un 36%, a pesar de emitir menos CO2 que a gasolina".

Deste xeito, a Xunta estima que no marco deste plan renovaranse 2.000 vehículos que xerarán unha facturación de máis de 40 millóns de euros. Así mesmo, calcula que o programa xerará 320 empregos directos e que se conseguirá reducir en 1.600 toneladas as emisións de CO2 ao ano.

Ademais, isto supón "un aforro desde o punto de vista dos consumidores de máis de 700.000 euros debido á eficiencia dos vehículos e o seu menor efecto contaminante", declarou o conselleiro.

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE