"Controlado" o incendio nunha das naves de Finsa
Varias dotacións do parque de Bombeiros de Santiago foron mobilizadas para a extinción dun incendio nunha das naves da Financeira Madeireira, situada na estrada N-550, en Santiago de Compostela.
Varias dotacións do parque de Bombeiros de Santiago foron mobilizadas para a extinción dun incendio nunha das naves da Financeira Madeireira, situada na estrada N-550, en Santiago de Compostela.
Segundo informou o 112 Galicia, os medios de extinción sinalaron que o lume "está controlado" e todo parece indicar que a súa orixe tivo lugar nun dos silos de serraduras.
Sobre as 6,15 horas deste xoves varios particulares informaron do incendio ao 112 Galicia e os xestores de emerxencias alertaron aos Bombeiros de Santiago e á Policía Local.
Tamén a Policía Nacional, Protección Civil e o Servizo de Medio Ambiente de la Xunta foron informados polo 112 Galicia, así como o 061, por se fose necesaria a súa intervención, pero o servizo de emerxencias non ten constancia de que houbese persoas afectadas.
Escribe o teu comentario