​(VÍDEO) Novidades Carminha estrea ‘Obsesionada’, o seu último videoclip

O grupo galego, ao que lle espera un verán moi atarefado percorrendo os festivais de media España, estreou onte o seu último videoclip.


|

O grupo galego, ao que lle espera un verán moi atarefado percorrendo os festivais de media España, estreou onte o seu último videoclip.


NOVIDADES CARMINHA


Novidades Carminha viaxa por toda España presentando ‘Ultraligero’, e entre ir colgando o cartel de ‘non hai entradas’ por todo o país teñen tempo de presentar o seu último videoclip, como é o caso de ‘Obsesionada’.



O tema, que en pouco máis de 24 horas xa acumula miles de reproducións, é un dos temas máis reclamados polos fans e máis aplaudidos pola crítica, que tamén se desfixo en eloxios co último álbum do grupo, considerado por moitos un dos mellores discos do ano no panorama nacional.


Facelo así de ben sobre os escenarios vai acabar pasando factura aos integrantes de Novidades Carminha, polo menos no que a horas de soño e descanso refírese. O cuarteto compostelán ten o verán ocupado saltando de festival en festival. En Galicia poderemos velos o venres 19 de xullo en Esteiro, o sábado 20 de xullo en Nigrán no Festival Vive Nigrán, o xoves 8 de agosto no Espazo Mahou da Coruña ou o venres 11 de outubro en a Festa do Marisco do Grove.


Con todo, no grupo seguen planeando o futuro, e en canto chegue o outono os amantes da boa música teñen unha cita o sábado 30 de novembro no Inn Club coruñés cando a banda galega volva encher salas. 




Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE