Investigan a morte dun operario localizado na cisterna dun camión de leite

A Garda Civil investiga o falecemento dun traballador que foi atopado este sábado no interior da cisterna dun camión de leite da empresa Lácteos Xabelo de Chantada (Lugo).

|

A Garda Civil investiga o falecemento dun traballador que foi atopado este sábado no interior da cisterna dun camión de leite da empresa Lácteos Xabelo de Chantada (Lugo).


Camion cisterna



Aínda que non se descarta ningunha hipótese, as investigacións viran principalmente ao redor da posibilidade de que se tratou dun accidente ou dun suicidio, a expensas do que determine a autopsia, segundo explicaron fontes da Garda Civil a Europa Press.


O home foi localizado polo dono da empresa, que se achegou ao camión ante o aviso doutros traballadores de que a cisterna tiña aberta unha das bocas superiores. O falecido é un veciño da localidade de Trabada.


Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE