Persoas LGTBI reclaman "cambios xa" co apoio de todas as forzas salvo o PPdeG

Denuncian os "atrancos" que as persoas trans atravesan para obter un DNI que reflicta a súa verdadeira identidade

|

Santiago e A Coruña acollen esta tarde manifestacións polo día do Orgullo LGTBI. Na concentración institucional da mañá no Obradoiro  só faltou o Partido Popular.


Colectivos LGTBI pediron este venres, con motivo da celebración do Día do Orgullo, o compromiso das administracións públicas galegas cos seus dereitos "máis aló das pequenas mostras simbólicas".


Santiago obradoiro orgullo lgtbi

"Reclamamos cambios que melloren a nosa calidade de vida, e querémolos xa. Nin un paso atrás!", reivindicaron os colectivos Amizando, Ultreia e Arelas que este venres leron un manifesto na Praza do Obradoiro.

O PP NON ESTABA PRESENTE
Xunto aos representantes destes colectivos, participaron no acto de conmemoración do Día do Orgullo o alcalde de Santiago, o socialista Xosé Sánchez Bugallo; o portavoz de Compostela Aberta, Martiño Noriega, e a do BNG, Goretti Sanmartín. Aínda que había edís de todos estes grupos, na conmemoración non participou ningún membro do PP local.

Neste escenario e ante un Pazo de Raxoi no que lucía a bandeira LGTBI, deuse lectura a un documento no que os colectivos reclamaban "rapidez e determinación" por parte dos concellos ante unha Xunta que, segundo indicaron, "permitiu situar ao país á cola do Estado e de Europa".

MOBILIZACIÓNS ESTE VIENRES POLA TARDE
No acto que tivo lugar de forma previa ás manifestacións convocadas polos colectivos a última hora da tarde deste venres en Santiago de Compostela e na Coruña, os participantes denunciaron as violencias que lles afectan durante o día a día ás persoas LGTBI.

Segundo censuraron, reprodúcense "" en espazos que en toda sociedade democrática deberían ser seguros e "co amparo de moitas das institucións galegas e do Estado español", o que "dificulta" as súas vidas e lévalles, en moitos casos, "a perdelas".

PROBLEMAS PARA ATOPAR TRABALLO
"Unha violencia que continúa na procura de traballo, abocada ao fracaso como demostran uns niveis de paro superiores ao 80% para as persoas trans", denunciaron a través do manifesto no que sinalan que esta "violencia" podería ser, "en certa medida", "paliada" coa obtención dun DNI que reflicta a verdadeira identidade destas persoas.

Con todo, sinalaron que iso segue sendo "unha batalla" para moitas persoas pola "inacción" e os "atrancos" do goberno, que deixa aos adultos e ás menos "vítimas da arbitrariedade, dependendo de que as funcionarias, psicólogas e demais profesionais coas que traten teñan formación e predisposición a axudar".

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE