As irregularidades nas obras do Porto Exterior da Coruña pódenlle custar 213.000 a dous altos cargos
Primeira proposta de sanción polas irregularidades nas obras de Punta Langosteira. O Tribunal de Contas reclama 213.000 euros ao presidente e ao director de Infraestruturas.
Primeira proposta de sanción polas irregularidades nas obras de Punta Langosteira. O Tribunal de Contas reclama 213.000 euros ao presidente e ao director de Infraestruturas.
Enrique Losada e Fernando Noya enfróntanse a un xuízo contable por pagos irregulares a unha consultora por dirixir os traballos entre 2008 e 2011, segundo adianta La Opinión da Coruña. Contas estima que este a Administración pagou irregularmente 792.000 euros, pero por diversos motivos -como a prescrición dalgunhas cantidades- a cantidade redúcese a 168.300 euros máis intereses.
Enrique Losada, presidente da Autoridade Porturaria da Coruña
Ante as numerosas "irregularidades" detectadas polo Ente fiscalizador do Estado, Losada sempre as atribúiu a unha etapa anterior. Argumento que agora queda cuestionado coa apertura de xuízo. O director do Porto desde hai 10 anos declarou ao citado xornal que lle parece inxusto o xuízo e que considera mesmo se fixo ben asumindo a presidencia e abandonando a súa "zona de confort".
Os defectos nos contratos a Langosteira Supervisión son só unas das numerosas irregularidades detalladas polos contables públicos. Tamén as detectou a contratación dun catedrático danés 14 veces, experto que codirixiu a tese dun directivo do Porto, e nas numerosas contratas coa cunha enxeñería madrileña Alatec. Con todo, Contas finalmente non aprecia posible responsabilidade contable dos cargos que tramitaron aqueles expedientes, polo que parece que só axuizará a contratación da UTE Langosteira Supervisión para dirixir as obras.
Escribe o teu comentario