Ourense lidera os procesos de depuración e reutilización de augas grazas a Viaqua

A compañía celebra unhas xornadas na Estación de Tratamento de Augas Residuais ourensá con expertos mundiais no tratamento de augas do grupo Suez para “compartir coñecementos sobre procesos e tecnoloxías de depuración e reutilización de augas utilizadas en todo o mundo”.


|

A compañía celebra unhas xornadas na Estación de Tratamento de Augas Residuais ourensá con expertos mundiais no tratamento de augas do grupo Suez para “compartir coñecementos sobre procesos e tecnoloxías de depuración e reutilización de augas utilizadas en todo o mundo”.


Viaqua ou

Asistentes ás xornadas de Viaqua na EDAR


As xornadas, que veñen desenvolvendo desde o martes 25 de xuño e que concluirán este día 26, teñen como obxectivo “xerar un debate sobre os diversos sistemas de tratamento de augas que se están utilizando, presentando e avaliando diferentes proxectos e tecnoloxías, de fronte a consecución dos obxectivos de desenvolvemento sustentable e de economía circular, adoptados polo grupo Suez, e os obxectivos de minimización de pegada de carbono marcados polo Gobiernon de España


Do mesmo xeito, que sexa Ourense a cidade encarga de albergar estas xornadas non é casualidade. A súa EDAR é unha das máis avanzadas de Europa no campo do uso de tecnoloxías sustentables de tratamento de augas residuais. Ademais, Viaqua presentará a consolidación da Unidade Mixta CIGAT-BIOFACTORÍA na que traballa estreitamente con Cetaqua (Fundación Centro Gallego de Investigacións da auga) e coa Xunta de Galicia, a través da Axencia Galega de Innovación. A EDAR ourensá tamén alberga un prototipo que testara o innovador sistema de tratamento para a produción e recuperación de subproductos, a partir de lodo urbano, de alto valor engadido.


 “Esta Unidade Mixta centra o seu foco en desarrollar e transferir ao mercado novas solucións tecnolóxicas que fagan efectivo o tránsito cara a novos modelos de economía circular, mediante a revalorización material de diferentes correntes residuais, tanto urbanas como industriais”, sinalan desde Viaqua.

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE