Dimite deputado e portavoz de economía de Cidadáns
Non todos os dirixentes de Cs están de acordo coa estratexia de Albert Rivera de montar un "cordón sanitario" ao PSOE de Pedro Sánchez e pactar prefeentemente co PP e na práctica tamén coa ultradereita de Vox. Isto quedou en evidencia na rolda de prensa de Toni Roldán no Congreso dos deputados, onde anunciou a súa renuncia argumentando que esa política de acordos coa dereita ten un "alto custo para España" e converte aos laranxas en sucedáneo dos "azuis". Roldán era un peso pesado, membro da permanente de Cs e responsable do programa electoral.

O ata agora portavoz adxunto de Cidadáns no Congreso e secretario de Programas e Áreas Sectoriais do partido, Toni Roldán, abandonou o partido debido ao xiro estratéxico que deu C's ao pactar con Vox e converténdose en "azuis".
Con este cambio, desvirtúa os principios de "reformismo, rexeneración e a batalla contra o nacionalismo" cos que naceu a organización.
"Non me vou porque eu cambiase, senón porque Cidadáns cambiou", comentou, incidindo en que o que está a facer a súa formación dista moito do "contrato" que el asinou cos de Albert Rivera, a quen, con todo, eloxiou.
Roldán convocou unha rolda de prensa no Congreso para detallar a súa marcha do partido e, deste xeito, deixar libre o seu escano na Cámara Baixa que ocupa desde decembro de 2015.Concorreu como número dous na lista por Barcelona e agora o seu posto poderá ser ocupado por Carina Mejías.
Recoñeceu que a deriva que elixiu a formación é "lexítima" pero que el non a comparte, como, segundo dixo, expresou todos os luns nas reunións da Executiva "desde a lealdade". "Pero non tiven éxito e un non pode tratar de ser o que non é demasiado tempo", asumiu.
"Todas as estratexias políticas teñen custo, pero os custos para España da estratexia elixida por Cidadáns son demasiado altos", advertiu.
Escribe o teu comentario