Parte de guerra do San Xoán: 51 intoxicados etílicos, 7 queimados (todos homes) e 6 accidentes de tráfico

Urxencias Sanitarias de Galicia-061 atendeu na noite de San Juan a 79 persoas debido a intoxicacións, queimaduras provocadas polas fogueiras e accidentes de tráfico.

|

Ademais do apuñalado esta mañá, a noite de San Xoán deixa -como é habitual- unha longa lista de sucesos de todo tipo e moito lixo nas praias. Os atendidos por queimarse nas fogueiras eran todos homes.


Urxencias Sanitarias de Galicia-061 atendeu na noite de San Xoán a 79 persoas debido a intoxicacións, queimaduras provocadas polas fogueiras e accidentes de tráfico.


Garda civil san xoan san juan coche axente praia


Garda Civil vixiando unha praia pontevedresa en San Xoán | @PlanDirectorPon



Segundo informou a Consellería de Sanidade nun comunicado, o 061 atendeu na noite de San Juan 51 intoxicacións, seis accidentes de tráfico con 11 persoas implicadas e sete queimaduras provocadas polas fogueiras entre as 18,00 horas do domingo 23 de xuño e as 9,00 horas deste luns 24.


O 061 rexistrou a maiores 28 asistencias por caídas, queimaduras outro tipo de lesións ou patoloxías producidas na contorna das fogueiras con motivo da celebración de San Juan.


Do total de incidencias, na provincia da Coruña, Urxencias Sanitarias atendeu 30 intoxicacións etílicas ou por drogas, cinco queimaduras e un accidente de tráfico; mentres que na de Pontevedra foron 17 intoxicacións, dous sinistros e dúas queimaduras.


Na provincia de Lugo o 061 asistiu tres intoxicacións e tres accidentes de tráfico, mentres que na de Ourense unicamente atendeu unha intoxicación.


Para asistir as 51 intoxicacións, o 061 desprazou tres ambulancias medicalizadas, dous médicos de Atención Primaria e 34 ambulancias asistenciais.


Das 51 persoas atendidas, 22 non requiriron traslado, 13 foron levadas a un centro de saúde e 16 a un hospital, concretou a Consellería de Sanidade.


TODOS OS QUE SE QUEIMARON NAS FOGUEIRAS FORON HOMES

As queimaduras atendidas polo 061 en toda a Comunidade galega ascenderon a sete. En concreto, asistiu na provincia da Coruña cinco casos e dous na de Pontevedra.


As idades das persoas afectadas sitúanse entre 19 e 45 anos, todos eles homes. Do total de pacientes, tres recibiron asistencia no lugar sen requirir traslado e catro foron levados a un centro sanitario.


11 HOSPITALIZADOS POR ACCIDENTES DE TRÁFICO

En canto aos accidentes de tráfico, apunta Sanidade, recibiron asistencia 11 persoas en seis sinistros --un na provincia da Coruña, tres na de Lugo e dúas na de Pontevedra--.


Para asistir ás 11 persoas lesionadas, o 061 mobilizou dúas ambulancias medicalizadas e cinco asistenciais, así como a un médico de Atención Primaria. Todas as persoas atendidas foron trasladadas a un hospital.

relacionada Dáse á fuga tras atropelar a unha persoa na noite de San Xoán

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE