​(VÍDEO) Todo o que foi O Son do Camiño 2019 en 60 segundos

A organización e os patrocinadores resumiron nun minuto de vídeo as tres xornadas da segunda edición do festival compostelán. 


|

A organización e os patrocinadores resumiron nun minuto de vídeo as tres xornadas da segunda edición do festival compostelán.


Son do camiño


Algún aínda está a recuperar horas de soño, outros seguen cos pelos de punta despois de tres xornadas inesquecibles. Porque para os asistentes O Son do Camiño sempre marca un antes e un despois no ano. O festival deixou imaxes para o recordo e significou o principio do verán para a maioría. Despois dos exames e as interminables xornadas laborais, chegan os días de praia e descanso que arrincaron ao ritmo de Rosalía, David Guetta ou Die Antwoord en tres días que a organización do festival e os seus patrocinadores reduciron en só 60 segundos.




O xoves foi todo un alegre caos, coa chegada ao cámping, conseguir as pulseiras para entrar no recinto, as primeiras fotos cos amigos…Grupos como Bastille, Kitai ou Second foron os encargados de dar o pistoletazo de saída nunha xornada onde Die Antwoord e Dimitri Veigas foron os pratos fortes.


Venres chegou con nubes negras. Como anunciou Rosalía, púxose a noite rara, pero nin iso nin as catro pingas que ameazaron aos festivaleros non impediron que a catalá e Black Eyed Peas deixasen a todos pampos con actuacións memorables que xa son para sempre historia no Monte do Gozo. Hard GZ, Block Party, Varry Brava e Iván Ferreiro tamén deixaron o pavillón ben alto no segundo día.


Para pechar, o festival gardouse como colofón final a Iggy Pop e David Guetta, dúas almas infatigables que baixo a lúa chea fixeron botar a todo o público, que a pesar de levar tres días de festa era incapaz de arrastrar os pés e seguiu movéndose a saltas. The Hives, Vetusta Morla, Ayax e Prok, Bad Gyal…pouco poden ofrecen un fin de festa máis talento que o que reuniu a capital galega o sábado para despedir a II Edición de O Son do Camiño. Ata o ano que vén. Afortunadamente, cada día queda menos. 

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE