Sobrevive a pesar de partirse en 2 o seu coche accidentado

Un mozo de Teo (A Coruña), R. C. G. resultou ferido moi grave nun accidente ocorrido pasadas as oito da mañá deste domingo na autovía do Barbanza, a AG-11, na Pobra do Caramiñal (A Coruña), tras sufrir unha saída de vía e acabar fose do coche, que se partiu en dous como consecuencia do impacto.

|

AMP.-

Un mozo de Teo (A Coruña), R. C. G. resultou ferido moi grave nun accidente ocorrido pasadas as oito da mañá deste domingo na autovía do Barbanza, a AG-11, na Pobra do Caramiñal (A Coruña), tras sufrir unha saída de vía e acabar fose do coche, que se partiu en dous como consecuencia do impacto.

Unha das partes do vehículo, segundo informou a Policía Local, quedou incrustada na mediana coa que chocou e a outra no medio do carril, con restos do coche esparexidos pola vía.

O ferido foi localizado atado polo cinto de seguridade no seu asento, que quedou fóra do coche. Foi trasladado en helicóptero ao Complexo Hospitalario Universitario de Santiago (CHUS). O sinistro produciuse á altura do quilómetro 31 da AG-11, en dirección a Padrón.

O Centro Integrado de Atención ás Emerxencias (CIAE) 112 Galicia pasou o aviso ás 061-Urxencias Sanitarias, que desprazou ata o lugar ao helicóptero medicalizado con base en Santiago. A aeronave tivo que tomar terra na mesma estrada, polo que foi necesario desviar a circulación mentres os profesionais traballaban na evacuación do ferido.

Ademais, os xestores de emerxencias informaron dos feitos aos axentes da Garda Civil de Tráfico, da Policía Local, os bombeiros Ribeira e aos efectivos de Protección Civil. Tamén foi requirida a intervención do persoal do servizo de mantemento da vía.

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE