Abel Caballero asume o seu cuarto mandato na súa lexislatura con máis poder
Abel Caballero foi investido alcalde de Vigo por cuarta vez consecutiva nun pleno sen sorpresas, no que a súa candidatura recibiu o apoio de 20 edís, fronte ao único edil do BNG, os dous de Marea de Vigo e os catro concelleiros do PP (cada un dos partidos da oposición votou ao seu propio candidato).

Ademais, foi o propio rexedor, como presidente da mesa de idade, o que proclamou o resultado da votación: "Queda elixido alcalde de Vigo Abel Caballero Álvarez, por maioría absolutísima".
Caballero aproveitou as súas intervencións (primeiro como candidato e logo como alcalde investido) para lembrar a gran "transformación" que experimentou Vigo baixo os seus mandatos, e para prometer que manterá as súas políticas. Así mesmo, tamén lembrou o gran respaldo recibido nas urnas e a perda de votos do resto de partidos.
Pola súa banda, BNG e Marea reivindicou unha corporación "máis democrática e plural", na que os grupos teñan a súa voz (en alusión á posibilidade de que ambas as formacións queden integradas nun grupo mixto, por non chegar aos 3 edís); mentres que o PP apostou polo consenso "institucional, político e social" para facer unha cidade "atractiva" aos investimentos.
Escribe o teu comentario