​Martiño Noriega entrega o bastón de mando a Bugallo

O veterano socialista regresa á alcaldía de Santiago de Compostela, tomando a substitución de Martiño Noriega e Compostela Aberta.


|

O veterano socialista regresa á alcaldía de Santiago de Compostela, tomando a substitución de Martiño Noriega e Compostela Aberta.


Bugallo alcalde cargo


Despois de que se constituíse a mesa ás 11 horas, deuse paso ás hostilidades. Unha votación secreta pero prevista outorgou dez votos a favor ao PSdeG de Sánchez Bugallo, que volve á alcaldía e recupera o goberno compostelán para os socialistas. Agustín Hernández, do PP, quedou con oito votos a favor, mentres que dous votos foron en branco e rexistráronse cinco abstencións. As contas, en todo caso, son claras.


Xa proclamado novo edil de Santiago, Bugallo prometeu “total dedicación, lealdade e compromiso” nesta nova etapa á fronte do Pazo de Raxoi. Á súa vez, asegurou que queda por diante “moito traballo” nestes catro anos e mencionou á xente nova da cidade, á que lle “apena” ver como teñen que buscar oportunidades “fóra de Santiago”. Ademais, puxo o obxectivo en 2021, ano santo, o reto “inminente” ao que se enfrontará Compostela con “millóns de visitantes”.


Doutra banda, na área metropolitana de Santiago, Rafael Sisto revalidou a alcaldía de Teo. Os votos de Son de Teo, PSOE e BNG permitiron a Sisto manterse á fronte do goberno local outros catro anos e reteñen para as mareas uno dos poucos concellos que aínda teñen baixo control, despois do adeus de Martiño Noriega e Compostela Aberta ao goberno santiagués. 

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE