​Alumnos crean un change.org para pedir a dimisión da Comisión Interuniversitaria de Galicia

O caos xurdido tras o cambio de hora do exame de Filosofía da ABAU os alumnos levantáronse en armas e protestan contra a comisión.


|

O caos xurdido tras o cambio de hora do exame de Filosofía da ABAU os alumnos levantáronse en armas e protestan contra a comisión.


Selectividadabau



Un exame que, independentemente das notas, vai dar moito que falar. É o caso do polémico exame de Filosofía da ABAU de 2019, que tivo que ser cambiado de hora, pasando das 11 horas ás 16 horas do día 14. Ese cambio, causado por un erro nunha das preguntas que incluía varios autores dun mesmo temario, polo que non se axustaba á normativa, espertou o enfado de moitos alumnos, que crearon un change.org onde piden a dimisión da Comisión Interuniversitaria de Galicia.


Pedro Barbolla é o alumno que iniciou esta campaña, que polo momento supera xa o milleiro de firmas. “Posponse o exame de filosofía das 11 da mañá a 4 da tarde debido á ineficacia do grupo ao elaborar os exames de filosofía ABAU 2019, por iso pedimos a dimisión do grupo de traballo e a compensación na corrección pola tensión sometida aos alumnos, pais e profesores”, reza a proposta.


O caso levou á Xunta a anunciar que “abrirá unha investigación” para “depurar responsabilidades”. Ademais, o caso obrigará a celebrar unha reunión carácter urxente da conselleira, Carmen Pomar, co presidente da CIUG e os reitores das tres universidades galegas.

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE