​Denuncian a construción dunha liña de alta tensión innecesaria entre Campelo e Mesón do Vento

A Rede de Plataformas Medioambientais Salvemos a Comarca de Ordes sinala que esta liña de alta tensión transcorrería paralela a outra idéntica, o que obrigaría a desdobrar a liña xa existente no canto de construír unha nova como marca a lei.


|

A Rede de Plataformas Medioambientais Salvemos a Comarca de Ordes sinala que esta liña de alta tensión transcorrería paralela a outra idéntica, o que obrigaría a desdobrar a liña xa existente no canto de construír unha nova como marca a lei.


Alta tensiu00f3n


Torres de alta tensión


A Rede de Plataformas Medioambientais Salvemos a Comarca de Ordes reclama que se anule a creación dunha liña de alta tensión entre Campelo e Mesón do Vento, que proxecta atravesar os municipios de Coristanco, Carballo, Tordoia, Cerceda, Ordes e Carral. O fin do proxecto é levar a enerxía producida nos parques eólicos de Campelo, Bustelo e Monte Toural ata a estación eléctrica de As Travesas. Un proxecto que, segundo denuncia a plataforma, é “totalmente opaco” e que non informou aos afectados a través de ningún organismo, xa sexa de carácter público ou privado.


Desde a plataforma fan “un chamamento a todas as comarcas afectadas” para “frear este aberrante proxecto promovido por Greenalia Power SL”. Do mesmo xeito lembra que o prazo para que as persoas ou colectivos que así o desexen presenten alegacións ante a Xunta termina o próximo 18 de xuño, e en caso de ser propietario dalgún dos terreos ocupados, en dez días hábiles a contar desde o día no que foi notificado.  


“Segundo o proxecto sectorial a liña está totalmente sobredimensionada, pois contempla unha capacidade moi superior á necesaria para evacuar enerxía eólica dos tres parque que teoricamente a xustifican”, denuncia a plataforma.


A continuación, subliña que esta liña ten importantes efectos sobre o medio ambiente, o patrimonio cultural, a paisaxe rural e o “benestar dos veciños”. Ademais, destacan que este proxecto é innecesario pois transcorre “practicamente paralelo á liña de alta tensión xa existente entre Vimianzo e Mesón do Vento”. Esta situación de convivencia de ambas as liñas vai en contra da lei, que estipula que nese caso deberían desdobrar o trazado xa existente e non a construción dunha liña nova.  Esa opción, ademais, sería “máis barata” e “optimizaría as condicións de transporte”.


“No proxecto óbviase deliberadamente que Galicia é excedentaria na produción de enerxía eléctrica e que, por tanto, o destino da enerxía producida sería a exportación fóra da nosa Comunidade. O afastamento dos centros de produción dos lugares de consumo provoca moitas perdas de enerxía no transporte e moita contaminación electromagnética, cuestións que se deben de abordar para lograr unha transición enerxética no noso país que sexa sustentable e respectuosa coas persoas e co seu medio de vida”, sentencia a nota da plataforma. 

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE