2,4 millóns de subvencións de la Xunta para as empresas mineiras

A Xunta publicou no Diario Oficial de Galicia (DOG) unha nova convocatoria de axudas impulsadas pola Consellería de Economía, Emprego e Industria para mellorar as condicións ambientais e laborais do sector mineiro.


|

O Goberno Gallego segue destinando recursos públicos a corrixir os danos no medio e na saúde dos traballadores que causa o sector extractivo


A Xunta publicou no Diario Oficial de Galicia (DOG) unha nova convocatoria de axudas impulsadas pola Consellería de Economía, Emprego e Industria para mellorar as condicións ambientais e laborais do sector mineiro.


Feijoopizarrafabrica

Feijóo visitando unha explotación de lousa


A convocatoria, aberta ata o 8 de xullo para empresas privadas do sector, terá un orzamento de 2,4 millóns de euros e será de concorrencia competitiva, segundo explicou a Xunta mediante un comunicado.


A finalidade da iniciativa é "favorecer a aplicación de tecnoloxías novas e implantar as mellores técnicas dispoñibles contra o po e o ruído, tendo en conta a súa influencia tanto na contorna como na saúde dos traballadores".


Así, búscase promover o desenvolvemento sustentable do sector que constitúe un importante motor económico para as zonas de Galicia onde leva a cabo esta actividade de gran impacto socioeconómico.


INCENTIVOS PARA QUE CONTAMINEN MENOS

Os incentivos contarán con dous obxectivos. Por unha banda, o orzamento dirixirase á mellora da calidade do ambiente atmosférico mediante a redución de emisións de po e ruído. Neste caso, destinaranse 1,2 millóns, con axudas máximas de 300.000 euros.


AXUDAS PARA PROTEXER A SAÚDE DOS TRABALLADORES

Por outra banda, o segundo obxectivo está enfocado a actuacións para a redución da exposición de po e ruído dos traballadores e, deste xeito, mellorar as súas condicións laborais, con axudas de ata 200.000 euros. Tamén se reservará un orzamento de 1,2 millóns.


Como novidade, en ambas as liñas, xunto coas normas de valoración técnicas, incluiranse outros criterios baseados na responsabilidade social e territorial da entidade solicitante, así como a integración laboral de persoas con capacidades diversas.

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE