​A Xunta non dotou de garantías orzamentarias o acordo pola carreira profesional, denuncia a CIG

Esta situación, tras o pacto alcanzado polo goberno autonómico, CCOO e UXT pon en risco os complementos acordados no Acordo de Concertación da carreira profesional de la Xunta.


|

Esta situación, tras o pacto alcanzado polo goberno autonómico, CCOO e UXT pon en risco os complementos acordados no Acordo de Concertación da carreira profesional de la Xunta.



Non title


A carreira profesional segue sen gozar de estabilidade na Xunta. A pesar do Acordo de Concertación alcanzado entre o goberno galego e os sindicatos CCOO e UXT, a CIG manifestou que os pactos alcanzados penden dun fío. E é que, tal e como denuncia o sindicato, o acordo alcanzouse sen dotar de garantías orzamentarias  ao pacto, o que pon en xaque os complementos da carreira profesional e ás subidas salariais.


Os motivos débense a un tira e afrouxa entre o goberno central e a Xunta. As diferenzas entre as dúas administracións radican na Lei de Orzamentos e a Lei de Medidas Fiscais e Administrativas de Galicia para o ano 2019, ambas as relacionada co Acordo de Concertación.


“Os fondos destinados ao complemento de carreira do Acordo de Concertación dependen de fondos adicionais e de non cumprirse os obxectivos de déficit, a Xunta carecería de fondos para presupostas a carreira”, afirma a CIG, preocupada pola falta de sustentabilidade económica, un dos motivos que a levou a non formar parte do acordo. Por iso, denuncian que tanto a Xunta como os sindicatos asinantes selaron o acordo “con calzador” e co fin de “vender as súas campañas”. “E agora que? Queda a carreira no aire? Perigan o resto de medidas?”, se cuestionael sindicato.


Como réplica, a CIG solicita un “reunión urxente co Conselleiro de Facenda para que nos conte a súa visión da situación e responda a estas cuestións”. De igual maneira, piden un informe xurídico do acordo e a orde que instrumentaliza para “ver as consideración que facían e se estaban axustadas ao dereito para tratar de alcanzar solucións ao conflito”.

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE